ARTISTAS QUE NOS INSPIRAN. GYULA KOSICE
Gyula Kosice naceu no seo dunha familia húngara na cidade de Kosice en 1924. Á idade de 4 anos trasladouse xunto coa súa familia a Arxentina, onde permaneceu durante toda a súa vida. Foi un escultor, pintor, teórico e poeta e un dos precursores da arte de vangarda cinética, lumínica e hidrocinética e tamén da conxunción da arte, a ciencia e a tecnoloxía.
En 1948 creou a primeira obra hidrocinética do mundo, o autor cría que a auga era un recurso clave pola súa inestabilidade e polas súas posibilidades de movemento. Este feito resúltanos especialmente interesante pola relación existente entre a auga e a luz como elementos efémeros.
"“Era necesario dirixirse á fonte mesma da enerxía, facer intervir nesta experiencia a un elemento que literalmente se ‘escapa das mans’, a pesar do cal ostenta unha flagrante superioridade, tanto dende o punto de vista biolóxico, como na súa calidade de compoñente físico do planeta no cal vivimos… Quero dicir, concretamente, a auga […] Como compoñente elemental e fonte de enerxía en ríos, océanos e augas subterráneas do globo, a auga non admite ningunha comparación. O elemento líquido, polo papel que xoga na forza motriz e na electrificación da Terra, ten unha importancia preponderante”




Comentarios
Publicar un comentario