Fillo do poeta xaponés e dunha escritora de orixe escocés, o deseñador estadounidense Isamu Noguchi herdou de ambos un espírito artístico que plasmou en pezas de carácter escultórico, que non deixan de asombrar co paso dos anos.
Empregou todos os materiais que tivo ao alcance das súas mans: pedra, metal, madeira, arxila, ósos, papeis... E que para el todo era escultura.
"Calquera material, calquera idea, sen obstáculos que xurda no espazo é unha escultura"
Na súa vida fixo creacións salientables como a que se pode visitar na sede da UNESCO de París. Alí creou un xardín baseado nos principios estéticos dos xardíns xaponeses onde as grandes esculturas abstractas se sitúan en espazos predestinados a elas para lograr un equilibrio.
Comentarios
Publicar un comentario