ARTISTAS QUE NOS INSPIRAN. KERI SMITH

 


Keri Smith é unha artista conceptual canadiense e autora de varios libros sobre a creatividade. En 2012 creou unha instalación de arte pública para a exposición Urban Play en Copenhague, Dinamarca, titulada "The society for exploratory research". No seguinte Vídeo Urban Play, podemos observar no minuto 2:15, parte da súa creación. 

A obra que máis nos inspirou desta artista foi "La sociedad errante". Nesta obra menciónase de como vivimos nun mundo, “onde se debilitaron ou paralizaron as experiencias profundas do mundo. [É posible] ter unha experiencia moito máis profunda do mundo contemplando con profundidade e documentando sistematicamente a vida cotiá. A través de prácticas, podemos ser capaces de crear un novo relato no que ocupemos o centro dunha aventura poderosa e significativa. Así éramos de pequenos e iso é o que estamos destinados a ser”.



Nesta, fala do feito de pasear sen ter en conta o lugar nin o tempo. Incita á interacción coa contorna empregando a imaxinación.

Comentarios