ARTISTAS QUE NOS INSPIRAN. NANCY HOLT
Nancy Holt criouse en Nova Jersey e graduouse en bioloxía antes de mudarse a Nova York. O seu traballo é pioneiro no afán de facer coincidir varias disciplinas artísticas, coma a escultura, a arquitectura e os medios de comunicación e todo isto tendo como base o tempo, destacando a capacidade que ten esta peculiar artista para transformar a nosa percepción da paisaxe a través de diferentes modos de observación.
Frecuentemente asociada co movemento Land Art, Holt produciu proxectos ambiciosos acoplando formas elementais con ideas conceptuais en lugares de todo o mundo.
O Land Art, pola súa banda, é unha corrente de arte contemporánea na que a paisaxe e a obra de arte están estreitamente enlazadas, empregando a natureza como material.
Finlandia, 1987



Comentarios
Publicar un comentario