POR QUE A EFEMERIDADE?


Traballar ca contorna como espazo arteducativo é importante, xa que se traballa o seu valor patrimonial, ecolóxico e diverso.
Este ofrécenos múltiples oportunidades que lles axudarán aos nenos e nenas a comprender e ter a capacidade de transformalo baseándose na sensibilización e o compromiso. 


A efemeridade presente na natureza, parécenos un recurso con moitas posibilidades para traballar na contorna. Este feito provoca que, a través das creaccións artísticas, poidamos interactuar activamente e dialogar de xeito constante coa natureza. 

Do mesmo modo, tamén nos causa interese introducir nesta práctica o feito de camiñar como práctica estética.

Neste blog compartiremos distintos referentes artísticos que nos servirán de inspiración, así como as nosas creación na contorna.

Comentarios