Baseado na filosofía de Isamu Noguchi, a nosa primeira proposta pretende traballar de xeito interdisciplinar a materia de Educación Plástica e Visual coa de Ciencias da Natureza. A intervención na contorna neste caso é grazas á creación dunha casa para os paxaros que habiten na zona. Mediante a observación, desenvolvemos competencias baseadas nesta, que servirán para ensinarlle ao alumnado a interpretación e a análise crítica, así como facelo consciente de que todas as formas de arte son válidas, incluso os propios ciclos vitais dos seres vivos e os ecosistemas nos que se crían.
Para fiar co traballo transversal proposto, cremos que a creación dunha roda fenolóxica tamén é moi interesante para vincular ambas materias. Trátase dun recurso moi
empregado na fenoloxía para rexistrar datas de fenómenos biolóxicos
naturais. É moi interesante, polo tanto, para achegar ás aulas de
Educación Primaria a observación e a percepción así como xerar conexión coa
natureza e axudarlles a crear unha imaxe na que se aprecien os cambios que
experimenta a contorna máis próxima ou global grazas ao debuxo.
Creación propia: Adriana García Álvarez
Comentarios
Publicar un comentario